Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa.
Apertura de portas 20h45


✦ Venres, 1 de agosto, 21h
Músicas dende Cabo Verde
Concerto
✦ Sábado, 2 de agosto, 12h30
Identidades: Mário Lúcio dialoga co xornalista José Font
Conversa na fachada románica da Catedral
MÁRIO LÚCIO
O escritor, pensador, cantante e compositor Mário Lúcio abre Música no Claustro 25. Un concerto íntimo de músicas caboverdianas, como a morna, a funaná, o batuque ou a coladeira, ritmos presentes na súa traxectoria musical no grupo Simentera (1992-2004), ao carón da Orquestra Gulbenkian ou a só, formato elixido para celebrar recentemente o seu 60 aniversario.
Mário Lúcio é unha das voces máis recoñecidas da súa xeración, autor dunha extensa discografía, libros de poesía, narrativa e obras teatrais. No seu ensaio Manifesto a Crioulização (Universidade de Coimbra, 2021) defende o „xurdimento incesante de novas identidades" no que „a condición esencial é ollar para o que nos diferencia e simultaneamente para o que nos asemella. É certo que a semellanza presupón a diferencia, pero tamén pode ser o único trazo que nos distingue".
Graduado en Dereito pola Universidade da Habana, Mário Lúcio desenvolve un activo e longo compromiso político e social. Entre 2011 e 2016 foi o Ministro de Cultura de Cabo Verde, illa que conmemora na actualidade o 50 aniversario da súa independencia, tema central do seu último traballo discográfico Independance (Marémusica, 2024) ···