SÁBADO 1.AGO.20 // Concerto "Dúas guitarras entre Portugal e Galicia" por Gonçalo Cordeiro e Samuel Diz

António Fragoso
(Cantanhede, 1897 - Lisboa 1918)


Sábado, 1 de agosto (21.30 h)
Claustro da Catedral de Tui
Aforamento reducido *
Inscrición previa *
LOCALIDADES ESGOTADAS (actualización)

GONÇALO CORDEIRO E SAMUEL DIZ
Dúas guitarras entre Portugal e Galicia

--------------

Os guitarristas Gonçalo Cordeiro (Lisboa 1986) e Samuel Diz (Tui 1986) atopáronse no Conservatorio Superior de Música de Sevilla, na aula da concertista francesa Gaëlle Solal. Despois de que os seus camiños tomasen rumbos diversos, reencóntranse neste concerto de apertura Música no claustro, nunha XIV edición marcada pola pandemia da COVID-19.

Un concerto que reflexiona sobre a apertura e peche de fronteiras, cun repertorio escrito ao longo de varios séculos a ambas beiras do Miño e centrado, especialmente, na obra do compositor portugués António Fragoso, falecido prematuramente na pandemia de 1918.

Mentras que Samuel Diz está traballando nunha nova gravación audiovisual do esquecido patrimonio musical galego para guitarra, a transcripción é un dos xéneros máis habituais do repertorio de Gonçalo Cordeiro, quen nos presentará os seus arranxos das "Sonatas para tecla" de Carlos Seixas (Coimbra, 1704 – 1742), editadas recentemente en Editions Fougeray.