DOMINGO 2.AGO.20 // Concerto "Cancións dende Cabo Verde" de Tcheka




Domingo, 2 de agosto (21.30 h)
Claustro da Catedral de Tui
Aforamento reducido *
Inscrición previa *
LOCALIDADES ESGOTADAS (actualización)

TCHEKA
Cancións dende Cabo Verde

--------------

Fóra dos escenarios encontrámonos a Manuel Lópes Andrade, un caboverdiano de personalidade delicada e introspectiva nado en 1973 na illa de Santiago. No escenario, a música transforma a súa introspección nun abano de estilos musicais que beben da súas orixes en Cabo Verde e se fusionan coas influencias do pop africano, do jazz ou do blues.

Un concerto cheo de enerxía no que Tcheka fará un percorrido pola súa discografía, especialmente polo seu disco “Boka Kafé”, nun encontro entre a súa voz e a súa guitarra, o instrumento que o ten acompañado en festivais e teatros de todo o mundo.

Residente en Portugal, Tcheka chegará a Música no claustro da man de Learn Africa, unha organización non-profit, liderada por Johnny Fernandes, que traballa na búsqueda de recursos e o desenvolvemento de programas de formación artística en África, ao mesmo tempo que promociona as ricas tradicións musicais e artísticas do continente.