Venres, 10 de agosto (21.30 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui
EVA FERNÁNDEZ TRÍO
Yo pregunto
Unha nova promesa do jazz catalán que destaca como saxofonista e cantante e que forma parte da lista de voces femininas máis destacadas.
Eva Fernández presenta en Galicia o seu novo disco, Yo pregunto, unha selección de poemas de Pizarnik, Storni, Costafreda e Cortázar musicalizados e compostos pola cantante e saxofonista acompañada polo guitarrista Josep Munar. Enric Fuster, á batería, completa a formación.
As notas brotaron inspiradas polos versos de grandes poetas ata reunir en Yo pregunto oito temas que conforman un repertorio doce, intimista e sedutor.
// Concerto de entrada libre grazas ao fondo cultural AIEnRUTa JAZZ.