TODAS AS NOITES // Percorridos nocturnos pola Catedral de Tui

© Beatriz Fontán


Todas as noites ao remate do concerto // Capacidade de 20 persoas por noite
Reservas en contacto@musicanoclaustro.com

PERCORRIDO NOCTURNO POLA CATEDRAL
A Catedral de Diego de Avellaneda, con Suso Vila

Partindo do característico cimborrio da Catedral de Tui, elevado sobre o cruceiro da nave central cos trece roeis do escudo dos Avellaneda, descubrimos, co historiador especializado na catedral tudense Suso Vila, as pegadas de Diego de Avellaneda: os seus obxectos e orfebrerías pesoais, as súas vestiduras e os restos da Capela dos bispos á que trasladou a furna de San Telmo.

Desde a torre fortificada de Soutomaior recreamos a estructura do antigo palacio episcopal, lugar no que vivía durante as súas residencias tudenses. Este percorrido nocturno finaliza xunto aos músicos protagonistas do concerto no ambigú co convite a unha copa de albariño D. Pedro de Soutomaior.