VENRES 10.08.18 // Recital poético "A segunda lingua" de Yolanda Castaño

© Marcos Míguez


Venres, 10 de agosto (21.30 h) · Entrada libre
Claustro da Catedral de Tui

YOLANDA CASTAÑO
Recital poético: A segunda lingua

O corpo é o corpo e o idioma é o idioma: aí onde chocan, coas palabras que se rabuñan e a pel que non alcanza a tocarse, desenvólvese A segunda lingua, o último poemario de Yolanda Castaño.

Neste libro, que estivo a piques de acadar o Premio Nacional de Poesía, basea o seu recital poético quen constitúe un dos rostros máis populares da poesía galega contemporánea.

Un traballo que pescuda na lingua do outro, dos outros; nesa ponte que nos pon en relación cos demais e co mundo. E, tan pouco doado como é ás veces comunicarse, alcanzar ao outro é tamén con frecuencia un camiño que se frustra. Así e todo, no enorme compromiso co o cio desta poeta que desfruta recitando os seus versos por todo o mundo, gaña sempre a palabra: desde a emoción, con total honestidade e ata con sentido do humor.