Do 1 ao 7 de agosto de 2020, o claustro gótico da Catedral de Tui acollerá a XIV edición do festival Música no claustro. Reservade a data!
Será unha edición marcada polos novos protocolos de seguridade, adaptados á actual situación sanitaria, cun aforo reducido e con inscrición previa.
Próximamente compartiremos o calendario de concertos e outras actividades, así como a dinámica que implantaremos para a inscrición e o acceso ao claustro.
O noso agradecemento á Concellaría de Cultura do Concello de Tui polo seu continuo apoio, así como á Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, e á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, da Xunta de Galicia; tamén o noso agradecemento á Sociedade de Xestión de Artistas, Intérpretes e Executantes AIE polo seu maior compromiso co festival nestas circunstancias e a GADIS.