4, 5 e 6.AGO.21 ::: CATEDRAL NOCTURNA, PERCORRIDOS ARTÍSTICOS




4, 5 e 6 de agosto (despois dos concertos)
Interior da Catedral

Aforamento reducido 20 persoas por noite

* Entrada de 6€ por persoa.
* Recomendable a reserva previa no teléfono 636.969.356 ou en contacto@musicanoclaustro.com

4 de agosto, COMPLETO
5 de agosto, COMPLETO
6 de agosto, COMPLETO



CATEDRAL NOCTURNA
Percorridos artísticos polos retablos barrocos da Catedral de Tui, con Sara Quintana

Música no claustro 2021 ofrece a experiencia única de descubrir o interior da Catedral despois dos concertos. Nesta edición dedicada as resonancias dos instrumentos musicais, a historiadora da arte Sara Quintana leva a atención á iconografía musical das caixas barrocas do órgano, da capela das reliquias de San Telmo ou do retablo da Expectación, onde unha orquestra de querubíns dialoga coa gaita do pobo recibindo ao neno Xesús.

Un percorrido artístico con Sara Quintana, guía oficial de turismo de Galicia e profesora titora da UNED de Pontevedra, que nos revela os detalles agochados do patrimonio cultural e relixioso da Catedral de Tui.

Duración aprox. 1 hora.