4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
ELENA VÁZQUEZ ::: Madrid
presenta Contextos lexislativos dos instrumentos musicais
A Lei 16/1985, do 25 de xuño de Patrimonio Histórico Español e a Lei 10/2015, do 26 de maio para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, son os principais instrumentos legais cos que conta o Estado para a conservación e protección do patrimonio cultural, entre o que se atopa o patrimonio instrumental. Con Elena Vázquez, vicepresidenta da Asociación Instrumenta e conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte, descubrimos os niveis de protección lexislativos, a declaración de Bens de Interese Cultural e de Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, así como cuestións relacionadas coa compra-venda dos bens patrimonias na súa exportación e importación.
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.