4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
FRANCISCO PEDRAS ::: Allariz
participa na mesa redonda O emprego de madeiras galegas
O enxeñeiro Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira da Xunta de Galicia, aporta a visión intersectorial na primeira mesa redonda do Foro profesional de Instrumentos musicais #Resonancias. As súas principais reflexións xiran sobre a sistematización do diálogo entre os propietarios das plantacións forestais e os artesáns, xunto ás posibles aportacións tecnolóxicas e aplicacións da investigación e innovación científica no reto de empregar madeiras galegas nos instrumentos musicais.
www.cismadeira.es
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.