GAITAS GIL e CORRAL ::: Foro profesional de Instrumentos musicais #RESONANCIAS

4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui


Programa completo





XOSÉ MANUEL GIL, ANTÓN CORRAL e RAMÓN CORRAL ::: Ponteareas e Tui (Pontevedra)


presenta Novos punteiros graves para novas inquedanzas musicais

A introdución da gaita nos conservatorios supuxo a aparición dun repertorio contemporáneo con novas necesidades dos seus intérpretes, onde o instrumento dialoga con outros rexistros, en ocasións máis graves. Coa finalidade de aumentar o emprego e fiabilidade do punteiro con afinación en Sol, os obradoiros de Gaitas Gil e Antón Corral realizan un traballo colaborativo. O obxectivo é abandonar o concepto de “baixo” deste punteiro buscando a mesma versatilidade que un punteiro de afinación en Do, sendo fieis ao son da escola Corral.


www.gaitasgil.com    www.obradoiroantoncorral.com/





FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS


co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da

 Fundación Pública Artesanía de Galicia


e a colaboración das empresas Adegas GalegasCabreiroáGadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.