4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
© J. L… Amado
ISABEL REI SAMARTIM ::: Santiago de Compostela
presenta Representacións iconográficas dos instrumentos de corda pulsada no patrimonio monumental galego
Na tese de doutoramento A Guitarra na Galiza (USC 2021), Isabel Rei Samartim trazou un mapa do patrimonio monumental galego coa atención posta nos instrumentos de corda pulsada. Este conxunto de referencias iconográficas, no que atopamos o retablo da Expectación da Catedral de Tui, evidencia o uso civil e relixioso destes instrumentos en Galicia entre os séculos XII e XVIII.
www.isabelrei.com/
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.