JOSE CATOIRA ::: Foro profesional de Instrumentos musicais #RESONANCIAS

4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui


Programa completo



JOSE CATOIRA ::: A Coruña


presenta A recuperación dos violíns de Andrés Gaos

A Universidade de Santiago de Compostela custodia dous violíns que pertenceron ao intérprete e compositor de orixe galega Andrés Gaos Berea (1874-1959). Un deles é un modelo alemán de finais do século XVIII, vencellado á escola de Mottenwald. O artesán Jose Catoira, presidente do Gremio de Luthiers y Arqueros de España (GLAE), presenta neste foro as técnicas e retos do proceso integral de restauración deste instrumento.


www.josecatoira.com





FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS


co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da

 Fundación Pública Artesanía de Galicia


e a colaboración das empresas Adegas GalegasCabreiroáGadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.