4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
NATALIA FRAGUAS ::: Pontevedra
presenta A colección permanente de instrumentos musicais do Museo de Pontevedra
No Museo de Pontevedra atopamos unha das principais coleccións de instrumentos musicais da provincia. Unha colección permanente que foi adquiríndose desde a súa fundación, impulsada pola Sociedade Arqueolóxica. A conservadora Natalia Fraguas achéganos como foi a súa xestión, tanto a nivel de difusión como de conservación, así como a situación actual e os plans de futuro previstos para a mesma.
www.museo.depo.galFORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.