4 e 5 de agosto no Claustro gótico da Catedral de Tui
SARA QUINTANA ::: Tui
Percorrido polos Retablos barrocos da Catedral de Tui
Rematamos a primeira xornada do foro no interior da Catedral e levamos a atención aos retablos barrocos do órgano, da Expectación ou das reliquias de San Telmo. Unha orquestra de querubíns dialoga coa gaita do pobo recibindo ao neno Xesús. Un percorrido artístico da man da historiadora da arte Sara Quintana, guía oficial de turismo de Galicia e profesora titora da UNED de Pontevedra.
FORO PROFESIONAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Claustro gótico da Catedral de Tui
4 e 5 de agosto de 2021
#RESONANCIAS
co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da
Fundación Pública Artesanía de Galicia
e a colaboración das empresas Adegas Galegas, Cabreiroá, Gadis e Guitarras Ramírez; as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e Instrumenta; así como da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui, o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.