A Misa medieval de San Telmo. Recuperación sonora dos vestixios musicais da S.I. Catedral de Tui polo ensemble Seconda Pratica.
Seconda Pratica é un ensemble de música antiga con sede nos Países Baixos que busca atopar unha voz moderna para a música do pasado. O seu principal obxectivo é romper a fenda entre a investigación, a interpretación e o público, traendo o patrimonio musical histórico á actualidade para revitalizado como experiencia vital compartida.
Seconda Pratica foi o primeiro ensemble beneficiario do programa europeo EEEmerging, ten actuado nos principais festivais de música antiga como Festival d'Ambronay, Utrecht Early Music Festival, Innsbrucker Festwochen der Alten Musik ou o Internationale Händel-Festspiele Göttingen. O seu último traballo discográfico está dedicado á música de Josquin des Prez e foi dirixido pola medievalista Rebecca Stewart.
A formación elexida para este concerto está formada por Sofia Pedro, soprano; Tim Braithwaite, contralto; Jonatan Alvarado, tenor, e Nuno Atalaia, baixo.