Xornada de estudo sobre a Misa medieval de San Telmo no antigo convento de San Domingos e actual Sede da UNED en Tui, en formato híbrido (presencial e zoom)
Matrícula gratuíta >> Inscrición neste enlace ata o venres 22 de abril. As persoas inscritas teñen as últimas indicacións no seu correo electrónico. Para calquera dúbida contactar en contacto@musicanoclaustro.com
11.30h.- SAMUEL DIZ
A Misa medieval de San Telmo: unha recuperación patrimonial holística
Intérprete, investigador musical, director artístico do festival Música no Claustro e autor do TFM "Recuperación patrimonial da Misa Medieval de San Telmo" do máster de patrimonio cultural e museoloxía da Universidade Internacional de Valencia.
12h.- JOSÉ DIÉGUEZ DIEPPA
Liturxia e culto a Pedro González no Pasionario Tudense
Sacerdote diocesano de Tui-Vigo, delegado episcopal de liturxia, deán-presidente do Cabido da Catedral de Tui, e autor da tese de licenciatura "O manuscrito 1 do Arquivo Capitular da Catedral de Tui: descrición e estudio comparativo" no Pontificio Ateneo Sant'Anselmo.
12.30h.- AVELINO BOUZÓN GALLEGO
O Pasionario Tudense: un códice peregrino
Sacerdote diocesano de Tui-Vigo, licenciado en Historia Eclesiástica e Diplomado en Arquivística e Biblioteconomía. Párroco de San Bartolomeu de Rebordáns (Tui) e coéngo-arquiveiro da Catedral de Tui.
13h.- CARMEN MANSO PORTO
Pedro González, frade da Orde de Predicadores: misión apostólica, culto e iconografía en Galicia
Doutora en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e responsable da sección de cartografía e artes gráficas Biblioteca da Real Academia de Historia. Entre as súas numerosas publicacións destaca o artigo "Reflexiones sobre la catedral románica y gótica de Santa María de Tui" e a publicación editorial en dous tomos "Arte gótico en Galicia: los Dominicos".
***
16,30h.- MANUEL REY OLLEROS
Inventario e catalogación dos pergamiños musicais do Arquivo da S.I. Catedral de Tui
Sacerdote diocesano de Ourense, doutor en Historia da Arte e da Música pola Universidade de Santiago de Compostela. Organista da Catedral de Ourense, doutor en canto gregoriano polo Pontificio Istituto di Música Sacra de Roma e autor do libro "A música medieval en Pontevedra: pergaminos del Archivo Capitular de Tui".
17,30h.- MANUEL PEDRO FERREIRA
Identidade local e propios litúrxicos: un contexto para a Misa de San Telmo
Doutor en musicoloxía pola Princeton University e profesor na Universidade Nova de Lisboa. Entre as súas publicacións editoriais destacan "Musical Exchanges 1100-1650. Iberian Connections" ou "Aspectos da música medieval no Occidente peninsular". É director do proxecto de dixitalización PEM-Portuguese Early Music Database.
18,30h.- Mesa redonda co ensemble SECONDA PRATICA
Metodoloxía e praxis musical na recuperación sonora da Misa medieval de San Telmo
Seconda Pratica propón unha recuperación sonora en concerto da Misa medieval de San Telmo de acordo a cuestións históricas, creando un imaxinario suplemento polifónico desta música, tal e como sucede en outras fontes coetáneas como o Códice Calixtino. Esta praxis ten cabida nas partes musicais de carácter silábico, como a extensa Prosa, onde é posible a aplicación dun organum florido. Xunto aos cantos directos do Introito ou a Comunión, cantados únicamente por un solista, aplícanse cantos responsoriais, coa alternancia de solistas e coro nos Aleluias.