Visita guiada con Santiago Vega sobre o proceso de creación do TUDE Museo Catedralicio Diocesano. Capacidade de 25 persoas por sesión. Inscrición gratuíta en contacto@musicanoclaustro.com
* Non accesible a persoas con mobilidade reducida
** Completas as reservas para ambas sesións. Escribe a contacto@musicanoclaustro.com co teu nome e teléfono de contacto se queres inscribirte na lista de espera. Ante calquera baixa das persoas inscritas, avisarémoste.
Obras no claustro medieval da Catedral de Tui. Ano 1966. Ministerio de Fomento.
Martes, 2 de agosto, 19.30h (reservas previas completas)
Sábado, 6 de agosto, 19.30h (reservas previas completas)
Para que está en obras a Catedral?
Visita guiada con Santiago Vega sobre o proceso de creación do TUDE Museo Catedralicio Diocesano
** Completas as reservas para ambas sesións. Escribe a contacto@musicanoclaustro.com co teu nome e teléfono de contacto se queres inscribirte na lista de espera. Ante calquera baixa das persoas inscritas, avisarémoste.
PARA QUE ESTÁ EN OBRAS A CATEDRAL?
Unha catedral é un edificio vivo en continua transformación dos espazos que conforman o seu conxunto monumental. Ao longo da historia, estes cambios impulsaron novidades estéticas, tecnolóxicas ou funcionais. Agora, no horizonte do VIII centenario da Catedral de Tui en 2025, a sede eclesiástica prepárase para acoller o Tude Museo Catedralicio Diocesano, que mostrará o importante legado artístico e relixioso nunha museografía actualizada, optimizará os diferentes espazos catedralicios e impulsará a accesibilidade aos mesmos.
Neste momento de transición, Música no Claustro convida a proxectar no imaxinario este proceso de rehabilitación en dous encontros e percorridos artísticos de 50 minutos de duración o martes 2 e o sábado 6 de agosto, que serán dirixidos por Santiago Vega, cóengo, artista visual e director do Museo da Catedral de Tui.
Capacidade de 25 persoas por sesión. Inscrición gratuíta en contacto@musicanoclaustro.com
Actividade non accesible a persoas con mobilidade reducida.
Proxecto de museografía da sala capitular románica da Catedral de Tui para TUDE Museo Catedralicio Diocesano. Imaxe facilitada por Insólito Diseño.