Concerto no claustro medieval da Catedral de Tui, 21h.
Acceso libre por orde de chegada. Non hai reserva previa.
Apertura de portas 20:45h
Mércores, 3 de agosto, 21h
Imaxinario por Ucraína
Música de cámara
Trío de dous violíns e violonchelo
IMAXINARIO POR UCRAÍNA
Tras o comezo da invasión rusa na Ucraína, un conxunto de músicas atoparon refuxio no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Entre elas, a violonchelista Iryna Morozova, á que acollemos en Música no Claustro coa liberdade de crear unha proposta artística para a presente edición do festival co apoio de AIE Sociedade de Artistas, Intérpretes e Executantes.
Iryna Morozova extendeu o convite ás violinistas Darya Bilotserkivska e Salo Viktoriia-Nadiia. Xuntas decidiron crear unha agrupación coa idea de mostrar á sociedade que a arte pode salvar ao mundo e, en concreto a través da música, conversar co público e compartir as súas emocións. Unha proposta que mostre que o tecido artístico ucraíno quere actuar e brindar luz a este mundo, incluso en tempos tan escuros para elas. E coa ilusión de continuar facendo o que mellor saben facer, ofrecen este concerto en Música no Claustro nun imaxinario de paz e respecto cun repertorio de diferentes e contrastantes estilos musicais.
DARYA BILOTSERKIVSKA
A violinista Darya Bilotserkivska naceu en Kiev (Ucraína). Despois de finalizar a súa formación musical no Conservatorio de Música de Kiev, compaxinou a ensinanza coa participación en diferentes musicais como “Lords of the Sound”, “Rock Mozart” e “Notre Dame de Paris”, realizando xiras por diferentes países europeos. En 2022 atopou refuxio en Francia, onde traballou na Orquestra Nacional de Metz.
SALO VIKTORIIA-NADIIA
A violinista Salo Viktoriia-Nadiia naceu en Leópolis (Ucraína). Graduouse na Escola de Música Solomiya Krushelnytska de Leópolis e en 2016 gañou o Gran Premio do Concurso Internacional M. Elman. En 2022 finalizou os seus estudos musicais na Academia Nacional de Música da Ucraína P.I. Tchaikovsky. Ten participado en diferentes encontros orquestrais e desfrutou dunha beca Erasmus no Conservatorio Superior de Música de Vigo, o que a motivou a buscar refuxio en Galicia tras a invasión rusa no seu país.
IRYNA MOROZOVA
A violonchelista Iryna Morozova nace en Járkov (Ucraína), onde finalizou os seus estudos musicais na Universidade das Artes. Ao igual que Salo Viktoriia-Nadiia, Iryna realizou unha beca Erasmus no Conservatorio Superior de Música de Vigo no primeiro semestre do pasado curso, motivo polo que regresou a Galicia tras a invasión rusa no seu país. O seu futuro a corto prazo ubícase en Galicia, onde realizará o posgrao na Escola de Altos Estudos da Real Filharmonía no vindeiro curso.
PROGRAMA
A. Dvorak (República Checa, 1841-1904)
Miniatura no.1 – Cavatina, op.75a
Goran Bregović (Bosnia, 1950)
Tango
Astor Piazzolla (Arxentina, 1921 – 1992)
Oblivion
Wilhelm Berger (Estados Unidos, 1861 – Alemaña 1911)
Trío de corda op.69 (1º e 3º movementos)
Myroslav Skoryk (Ucraína, 1938 – 2020)
Melodía
Carlos Gardel (Francia 1890 – Colombia 1935)
Por una cabeza
Johann S. Bach (Alemaña, 1685 – 1750)
Fuga núm. 2 en Do menor
Astor Piazolla
Adiós Nonino
Astor Piazolla
Libertango
Jacob Gade (Dinamarca, 1879 – 1963)
Jalousie