Arquivo verde 2005-2023

Música no Claustro pon a disposición da comunidade investigadora a documentación xerada no festival dende o ano 2005 para o seu estudo e difusión a un público xenérico e/ou especializado. Un arquivo verde dixital con máis de 8.000 referencias en 17 edicións clasificadas por:

- Documentación administrativa
- Soportes de difusión
- Clipping de prensa
- Fotografías
- Audios e vídeos

Para a realización de solicitudes de materiais a persoa interesada deberá de escribir un correo electrónico a contacto@musicanoclaustro.com indicando o seu nome, a institución ou empresa da que procede, así como as súas liñas de traballo ou proxecto de investigación para o cal solicita os materiais. O equipo de Música no Claustro responderá nun máximo de 10 días hábiles indicando as referencias existentes vinculadas coa temática do estudo, así como as posibles xestións legais para o acceso aos documentos para os cales sexa necesario o respecto á protección de datos e/ou propiedade intelectual.

O arquivo verde de Música no Claustro forma parte do Plan de Modernización e Dixitalización Música no Claustro 2021-2026, cuxa primeira fase estivo financiada con fondos NextGenerationEU da Unión Europea a través do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte, cos obxectivos de preservar dixitalmente a documentación xerada no festival dende o ano 2005, minorar o impacto climático eliminando o emprego de copias en papel, así como a redución dos posibles desprazamentos para a consulta do arquivo do festival facilitando o acceso ao mesmo a todas as persoas, de forma igualitaria e independentemente do seu lugar de residencia.